Transdisciplinariedade

Representación gráfica de Transdisciplinariedad

A transdisciplinariedade ou transdisciplinaridade é unha estratexia científica que visa á unidade do coñecemento. Procura estimular unha nova compresión da realidade articulando elementos que pasan entre, a través, e alén das disciplinas, na busca da compresión da complexidade do mundo real. É unha abordaxe da investigación que trata de crear un enfoque holístico. Aplícase aos esforzos de pescuda centrados en problemas que cruzan os límites de varias disciplinas, como a investigación sobre sistemas de información efectivos para a investigación biomédica (ver bioinformática), e poden referirse a conceptos ou métodos que orixinalmente foron desenvoltos por unha disciplina, pero son agora usados por outras, como a etnografía (método de investigación de campo desenvolvido en antropoloxía pero que agora é amplamente usado por outras disciplinas).

O Belmont Forum explicou que un enfoque transdisciplinario está a permitir achegamentos e análises nas comunidades científicas e non científicas, e facilita unha forma sistémica de abordar un desafío.[1] Isto inclúe iniciativas que apoian o desenrolo de capacidades requiridas para a formulación e implementación transdisciplinaria exitosa de accións de investigación.

  1. "Belmont Forum" (en inglés). Consultado o 2 de mayo de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search